Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Atardeceres

Imagen
| Traducción en castellano debajo ^^ | (Os deseamos un feliz inicio de año y que este 2021 sea un poquito menos caótico ❤).  ★★★ Unhas palabras no vento, un adeus no corazón. O alento contido nesa mirada demasiado fugaz, nese sorriso finxido. Un xesto, só un, nun fráxil intento por agarrar o tempo que esvaraba entre os dedos. E o sol esvaecéndose nun espectáculo de luces perfecto para o decorado desa actuación.  O amarelo foi para o sorriso, para as palabras bonitas e as promesas baleiras. Unha desesperada esperanza que tomaba forma nese último encontro, tratando de quebrar o inevitable. Despois o mundo inundouse de laranxa e os sons marcharon, a música cesou, as palabras apagáronse. Só quedaron as miradas, que xa iniciaran un camiño de non retorno. Todos os sentimentos que nunca chegaran a dicirse xuntáronse nese efémero xesto que buscaba a eternidade.  O ceo cambiou, a conexión rompeuse, as miradas separáronse. As cores rosadas do atardecer gritaban en silencio por aqueles que tratab

Agua para los Dioses ~ Escena 1ª

Imagen
¡Hola, fantasiófilxs! ¡Feliz Navidad! Entre estudiar y estudiar he decidido pasarme por aquí para traeros la primera parte de un relato que escribí este verano. ¡Espero que os guste! (Especialmente a ti, Sindy, que salen más estrellas que otra cosa 😉).   ⭑⋆★✶✷✶★⋆⭑   La primera vez que las Estrellas se fijaron en ella no estaba tan lejos del cielo como una vez lo estuvo. Ninguna de ellas pudo entonces intuir que llegaría el día en que aquella muchacha ocuparía un lugar entre ellas, y que los más soñadores crearían historias sobre su origen, si bien sus dedos ansiosos de leyendas nunca podrían llegar siquiera a rozar lo que verdaderamente sucedió. La joven, aunque ya nadie lo recuerde, se llamaba Nesea. Ella era una nereida, una Hija del Agua, y, como tal, su lugar estaba en las profundidades del mar, no en el alto cielo que cubría el mundo con su misterioso manto. Así se lo habían enseñado, al menos, aunque ninguna de esas palabras pudo hacer nunca mella en el corazón de la joven. Si e

Un bico de Nadal / Un beso de Navidad

Imagen
| Traducción en castellano debajo ^^ | (Mención especial a Miree , una artistaza increíble y gracias a la que me animé a escribir esta historia). ★★★ Un bico de Nadal Cando caía a noite, a maxia aparecía. Milleiros de pequenas luces acendíanse nas rúas da cidade. A pesar do frío do inverno, a xente paseaba entre gorros e bufandas, entre luvas e sorrisos. E no medio de toda esa ledicia estaba ela , camiñando sen rumbo por aquelas animadas rúas que recendían a Nadal. Camiñaba amodo, tratando inutilmente de ver as estrelas nun ceo cada vez máis anubrado. As panxoliñas comezaron a soar nunha praza xeada na que os veciños patinaban, mentres o seu corazón se ía arrefriando. Sentíase cada vez máis perdida, que era o que buscaba naquela noite esquecida no tempo? Que era o que o seu corazón anhelaba? As luces que decoraban as rúas brillaron con forza, cada vez máis, as conversas da xente volvéronse máis intensas, case insoportables, as panxoliñas mesturáronse nese remuíño de luz e de son. Caeu

12 badaladas

Imagen
| Traducción en castellano debajo ^^ | ★★★ A primeira badalada foi a do nacemento, a xénese da vida, a do principio do fin, pero principio á fin e ó cabo. A primeira foi o comezo da historia, sen a que non existirían as demais.  A segunda badalada foi a do mundo, foron os primeiros pasos e as primeiras experiencias. Con ela descubriu o mundo e os seus segredos, as cores e os sons, a alegría e a pena. Coa segunda badalada comezou a camiñar e xa non puido parar.  A terceira badalada foi a do fogar, foron as ceas en familia, as discusións sen sentido, as bromas compartidas e os paseos co cadeliño que adoptaran. Ou talvez foi a das ceas incómodas e as fuxidas da casa coa escusa de pasear o cadelo. As terceiras badaladas non sempre tocan nun bo fogar.  A cuarta badalada foi a da amizade. Deixouse envolver polo son das campás que lle regalaran un amigo con quen compartir as súas tardes, os seus segredos e os seus sentimentos.  A quinta badalada foi a dos soños infinitos, a dos mil desexos po

Ser artista

Imagen
Ser artista. Ser artista es ver castillos en el cielo, es caminar sobre la lluvia y no bajo ella, es respirar y volar al mismo tiempo. Ser artista es sentir cómo la música te recorre por dentro, te sacude, te emociona con cada nota, letra o matiz nuevo que vas descubriendo cuantas más veces la escuchas. Ser artista es buscar historias entre gotas de acuarela, es escribir en servilletas ideas fugaces como las estrellas. Ser artista es una forma de vida en sí misma, es una forma de ver el mundo. Creo que todas las personas tienen algo de artistas, porque el arte no se puede encasillar en dibujar, cantar o escribir, porque arte es una interpretación que le damos a la vida. Ser artista no es dedicarte a una profesión relacionada con el arte, no es un hobby, no es escribir bien o tener una voz bonita. Ser artista es que una sola palabra te pueda remover por dentro, son las ideas imposibles que se empiezan a tejer en tu mente. Son los colores, la música, los sonidos, el temblor antes de la t