Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

Ruinas | 1 | La princesa que miraba las estrellas fugaces

Imagen
| Traducción en castellano debajo ^^ | ❧  Ruinas, parte 0 ★★★ O ceo encheuse de estrelas fugaces. A princesa Xania contemplounas en silencio desde o seu cuarto, cun doce sorriso, apenas asomada á ventá para non romper o feitizo da noite. Cando a maior parte do mundo durmía, o ceo espertaba e a princesa, que coñecía aquel segredo, trataba de agardar esperta para non perder aquel máxico momento. Moitas só eran pequenos puntos de luz que nun suspiro cruzaban o firmamento, pero tamén había estrelas que deixaban halos espectaculares xusto antes de esvaecerse. Tiña que ser triste a vida dunha estrela fugaz: existir tan só un efémero momento, brillar con todo ese esplendor para desaparecer un segundo despois. Para sempre. Converterse en po esparexido polo vento. A princesa cría que todas as persoas estaban unidas polo po das estrelas fugaces e que algunhas persoas incluso podían facelo brillar de novo. Deixou as cortinas abertas por se a brisa lle levaba un pouco do po das estrelas e sentou

Ruinas | 0 | Solo ruinas

Imagen
¡Hola, personitas del universo! A 40 días de que acabe el año, he recuperado la inspiración y voy a intentar llegar a esas 50 entradas que nos habíamos propuesto como reto. Lo consiga o no, lo importante es que hasta final de año tengo intención de publicar varias cositas por aquí, en especial esta saga de relatos a la que he llamado Ruinas. A continuación os dejo la versión original en gallego y, debajo, la traducción al castellano. ¡Espero que disfrutéis de la lectura! ★★★ Pedras, tan só pedras onde antes se erixira un impoñente castelo. Pedras grandes e pequenas, todas fragmentadas, rotas, consumidas polo tempo. A herba intenta medrar onde xa non hai vida, pero morre no intento, só quedan ruínas. Os vellos camiños desaparecen, a súa non-pegada impide chegar ó lugar no que soñaban as estrelas, no que danzaba o ceo e a noite contaba historias.  Ninguén recorda xa o castelo, a princesa, as cartas. Tampouco se lembran do po das estrelas. Miran o mesmo ceo e non saben que a noite contab