Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Amenceres

Imagen
Antes, atardeceres . Agora, amenceres. | Traducción en castellano debajo ^^ | ★★★ Incluso a noite máis eterna remata.  Incluso as sombras que apreixan o teu corazón poden esvaecerse.  Incluso a néboa deixa paso a un mundo ateigado de cor.  Non hai noite infinita que o albor non apague, sempre o albor. Suave e silencioso, achégase á espreita, axexa na penumbra, disuade as tebras. Que tímidos son os amenceres ás veces, créndose débiles, insuficientes para acabar co legado da noite, temerosos. Pero sempre atopan o valor para dar un paso tras do outro, amodiño pero con firmeza. Primeiro é tan só unha tenue luz que non parece rival para a escuridade. Despois é o mundo que esperta do seu letargo.  As sombras e os monstros tratan de fuxir mentres as cores nacen, florecen e expándense. Un suave rosa no ceo acompaña un tímido sol que dubida ó principio, pero que por fin se atreve a amencer. O mundo inúndase de calma e paz, as criaturas do bosque comezan a espertar. Algún paxariño canta. E a rap