Entradas

Mostrando entradas de 2021

¡Tardes de Fantasía cumple 6 años!

Imagen
¡Hola, seres de fantasía! Alzad vuestras voces y cantad con júbilo, porque hoy estamos de celebración: ¡Tardes de Fantasía cumple nada más y nada menos que 6 años! Así que aquí estamos para hacerle un pequeño regalito, como no podía ser de otra manera. Puede que la vida y las circunstancias nos hagan estar lejos por un tiempo, pero Tardes de Fantasía es, y será siempre, nuestro lugar al que regresar. Porque, después de todos estos años, todavía quedan muchas historias por contar. ¡Felicidades, Tardes de Fantasía !💜 ☆★☆   (Traducción en castellano debajo ♥) Deixarse levar, así é como comeza esta historia. Un sopro de aire fresco nun día de verán calquera, nun lugar calquera, nun tempo calquera. Un mundo, ou moitos, un instante, un efémero momento de soños no que todo parece posible. Unha nube, voar no vento, sentir a liberdade dunha mente aberta nun universo de infinitas historias. Todo comezou alí onde as historias se perden no tempo, entre atardeceres   e amenceres sen fin. Alí

Amenceres

Imagen
Antes, atardeceres . Agora, amenceres. | Traducción en castellano debajo ^^ | ★★★ Incluso a noite máis eterna remata.  Incluso as sombras que apreixan o teu corazón poden esvaecerse.  Incluso a néboa deixa paso a un mundo ateigado de cor.  Non hai noite infinita que o albor non apague, sempre o albor. Suave e silencioso, achégase á espreita, axexa na penumbra, disuade as tebras. Que tímidos son os amenceres ás veces, créndose débiles, insuficientes para acabar co legado da noite, temerosos. Pero sempre atopan o valor para dar un paso tras do outro, amodiño pero con firmeza. Primeiro é tan só unha tenue luz que non parece rival para a escuridade. Despois é o mundo que esperta do seu letargo.  As sombras e os monstros tratan de fuxir mentres as cores nacen, florecen e expándense. Un suave rosa no ceo acompaña un tímido sol que dubida ó principio, pero que por fin se atreve a amencer. O mundo inúndase de calma e paz, as criaturas do bosque comezan a espertar. Algún paxariño canta. E a rap