Atardeceres

| Traducción en castellano debajo ^^ | (Os deseamos un feliz inicio de año y que este 2021 sea un poquito menos caótico ❤). ★★★ Unhas palabras no vento, un adeus no corazón. O alento contido nesa mirada demasiado fugaz, nese sorriso finxido. Un xesto, só un, nun fráxil intento por agarrar o tempo que esvaraba entre os dedos. E o sol esvaecéndose nun espectáculo de luces perfecto para o decorado desa actuación. O amarelo foi para o sorriso, para as palabras bonitas e as promesas baleiras. Unha desesperada esperanza que tomaba forma nese último encontro, tratando de quebrar o inevitable. Despois o mundo inundouse de laranxa e os sons marcharon, a música cesou, as palabras apagáronse. Só quedaron as miradas, que xa iniciaran un camiño de non retorno. Todos os sentimentos que nunca chegaran a dicirse xuntáronse nese efémero xesto que buscaba a eternidade. O ceo cambiou, a conexión rompeuse, as miradas separáronse. As cores rosadas do atardecer gritaban en silencio por aque...