A dama de vermello ~ La dama de rojo

¡Hola, personitas del Universo!
Esta historia va dedicada a Rush, porque creo que recuerda tanto como yo aquel día de 2015 en el gimnasio del instituto, teníamos la hora libre y la mayoría se pusieron a jugar a algo; nosotras nos pusimos a escribir. Entonces nació una dama, una manzana y un gran odio hacia ella. El año pasado (2017) tuve la ocasión de escribir un relato para la clase de gallego y decidí desarrollar aquella lejana e interesante idea. He aquí el resultado ^^.
Mención especial a Raquel Tirado que con su ilusión hace que escribir en el blog sea mil veces más bonito.
Primero os dejo la versión original en gallego y más abajo la tenéis en castellano ~


A DAMA DE VERMELLO

A súa beleza eclipsábao todo, os seus mantos vermellos deslizábanse sobre o camiño de rochas brancas que pasaba xunto a unha maceira en flor. A fermosa dama portaba na súa man dereita unha mazá aínda máis vermella que a súa roupa. Observouna, e por un intre viu reflectida a súa propia desesperación, aquela que co paso dos anos xa non podía ocultar. Apertou a mazá e as súas uñas, tamén vermellas, estiveron a piques de esmagala.

—Oh, señora, por favor, detéñase —soou unha voz ao lonxe.

Ela sabía que o seu fiel servidor estaba con ela; sempre a acompañaba, sempre permanecía ao seu lado. E aínda así, as súas palabras soaban distantes, coma se viñesen doutro mundo. Ela sabía que debía protexer cada pétalo, cada froita, cada folla desa árbore; e aínda así, o único que acabaría coa súa desesperación sería destruíla.

Unha man pousouse sobre a súa, pero a dama apenas a sentiu. Deixou caer a mazá e tratou de ver ao seu servidor. Aquel home, xa moi ancián, era o único que a comprendía. As súas miradas cruzáronse, pero a dama axiña esqueceu que el estaba presente e centrou toda a súa atención na árbore sagrada.

Cando o vento comezou a mover as pólas cheas de flores, unha rapaza subiu o camiño de rochas brancas e sentou xunto á maceira. Contaban no reino que unha bruxa maldicía aos que se achegaban a aquel lugar, orixe das máis terribles desgrazas que as xentes padecían. Pero ela non cría en lendas, en árbores sagradas nin en maldicións aterradoras. Ela sentou xunto á árbore máis fermosa que coñecía, inexplicablemente atraída polo seu aroma e as súas cores.

A dama de vermello observouna mentres a ira medraba no seu interior. Todo era culpa daquela rapaza. Por que non facía caso ao que todos lle dicían? Por que cada vez subía o camiño de pedra máis a miúdo? O odio da dama cara a aquela rapaza era máis que evidente, pero, por sorte, a moza non podía vela.

—Señora —o servidor interrompeu a escena—, de que vos serve torturarvos así?

A imaxe da rapaza volveuse borrosa e a dama non tentou disimular a ira que o ancián coñecía e aprendera a aceptar.

—Sería tan fácil acabar con todo... —dixo ela con amargura.

O ancián quería facela entrar en razón, como tantas outras veces, demasiadas veces... e respondeu:

—Para que? A única forma que nos queda xa de vencer é resistir.

O vento, movido pola desesperación da dama, levantouse e envolveuna. Os seus cabelos voaron arredor dela, salvaxes como a súa mirada, dándolle o aspecto da bruxa que todos crían que era.

—Son a persoa máis poderosa deste reino e de todos os demais! —gritou—. Todos me temen e daríanme todo o que eu lles pedise con tal de non volverme ver. Pero que conseguín con iso? Nada. Estou aquí atrapada, condenada a protexer a árbore que me outorgou un poder que xamais pedira. Todo porque ela... ela —recordou á rapaza que vira antes xunto á maceira—. Porque ela quixo desafialos a todos, a min mesma e á árbore tamén. Non quixo ver como o poder a atrapaba...

De novo, fixou a súa mirada na maceira e a moza que tanta dor lle causaba apareceu. Desta volta, non estaba soa; un neno duns oito anos pregáballe que non collera ningunha das mazás. A dama de vermello sabía que o neno non era familia da rapaza, sabía que era orfo e se fixeran amigos meses antes daquel momento, antes de que ela lle confesara a onde ía en segredo.

Para a dama pasaran uns intres dende que a vira, pero para a rapaza foran semanas. E nese tempo decidírase a demostrar que ningunha bruxa lle impediría comer aquelas deliciosas mazás. Suxeitaba unha na man e o rapaz suplicaba que non fixese loucuras.

Xusto antes de que ela levara a mazá á boca, a dama decidiuse a aparecer.

—Detente!

A moza asustouse ante a bruxa da que todos a advertiran.

—Aínda que che prohiba comela —dixo a dama—, faralo. Aínda que cho rogue, tamén caerás na tentación. Para ti é a primeira vez que nos vemos, pero para min será a derradeira. Tes ante ti unha elección moi simple: facer o que todos che piden ou sucumbir aos encantos dunha árbore cuxo poder descoñeces.

A dama tiña a face cuberta, pero coa certeza de que o destino da rapaza era inevitable, deixou que a prenda caese ao chan. Pola súa cara corrían dúas bágoas que ben podían ser vermellas coma o sangue, vermellas coma todo o que vestía.

A moza xa saboreara a mazá cando foi consciente do que fixera; o neno xunto a ela tamén o comprendeu entón. A dama que creran bruxa era idéntica á rapaza que aínda tiña a mazá na man, quizais un pouco maior, pero idéntica.

A imaxe de ambos desvaneceuse. A única proba de que o tempo pasara dende entón era o ancián que unha vez, de neno, presenciara a maldición que caera sobre unha prezada amiga. A dama medrara un pouco, pero non envellecera e a árbore seguía igual, lembrándolle todo o que perdera.

A súa familia.

O seu futuro.

O seu lugar no mundo.

—E agora que? —preguntou o ancián, que non apartara do seu carón.

—Xa resistimos bastante —contestou ela—, non permitirei que a árbore faga dano a ninguén máis.

O ancián quería insistir, pero por primeira vez en todos eses anos, sentiu que a dama quería estar consigo mesma. Despois de toda unha vida acumulando poder, por fin estaba preparada para acabar coa eternidade. Achegouse á maceira, traspasou o tronco coa súa man e sorriu ao sentir a fonte daquel poder que non só a condenara a ela, senón que tamén causara desgrazas no seu reino. Cando sacara a man, a árbore morrería... e a súa propia vida tamén se iría. Pero saber que a persoa que sempre a apoiara estaría con ela ata o final, deulle o valor para rematar aquilo que desde o comezo fora inevitable.

Retirou a man con suavidade e a terra tremeu. A árbore retorceu as pólas e as raíces no que semellaba un grito de agonía. O corpo da dama, máis fráxil ca nunca, caeu cara atrás. E aí estaba o ancián, que suxeitou á súa amiga entre os seus brazos. Abrazouna con coidado mentres a árbore ennegrecía e se volvía máis pequena. A dama, xa sen vida, sorría en paz.

O ancián sentou xunto á agonizante árbore, a mesma que resistira séculos sen que ninguén puidese danala. Dalgún xeito, tratando de protexerse por medio dunha rapaza inocente, acabara provocando a súa propia fin. O home colocou sobre as súas pernas a cabeza da súa amiga; case parecía durmir. Pousou un suave bico na súa pálida fronte e mirou cara ao horizonte.


A eternidade chegaba á súa fin.






LA DAMA DE ROJO

Su belleza lo eclipsaba todo, sus mantos rojizos se deslizaban sobre el camino de rocas blancas que pasaba junto a un manzano en flor. La hermosa dama portaba en su mano derecha una manzana aún más roja que su ropa. La observó y durante un instante vio reflejada su propia desesperación, aquella que con el paso de los años ya no podía ocultar. Apretó la manzana y sus uñas, también rojas, estuvieron a punto de destrozarla.

—Oh, señora, por favor, deténgase —sonó una voz a lo lejos.

Ella sabía que su fiel servidor estaba con ella; siempre la acompañaba, siempre permanecía a su lado. Y, aun así, sus palabras sonaban distantes, como si viniesen de otro mundo. Ella sabía que debía proteger cada pétalo, cada fruta, cada hoja de ese árbol; y, aun así, lo único que acabaría con su desesperación sería destruirlo.

Una mano se posó sobre la suya, pero la dama apenas la sintió. Dejó caer la manzana y trató de ver a su servidor. Aquel hombre, ya muy anciano, era el único que la comprendía. Sus miradas se cruzaron, pero la dama enseguida olvidó que él estaba presente y centró toda su atención en el árbol sagrado.

Cuando el viento empezó a mover las ramas llenas de flores, una joven subió el camino de rocas blancas y se sentó junto al manzano. En el reino contaban que una bruja maldecía a los que se acercaban a aquel lugar, origen de las más terribles desgracias que la gente padecía. Pero ella no creía en leyendas, en árboles sagrados ni en maldiciones aterradoras. Ella se sentó junto al árbol más hermoso que conocía, inexplicablemente atraída por su aroma y sus colores.

La dama de rojo la observaba mientras la ira crecía en su interior. Todo era culpa de aquella joven. ¿Por qué no hacía caso a lo que todos le decían? ¿Por qué cada vez subía el camino de piedra más a menudo? El odio de la dama hacia aquella joven era más que evidente, pero, por suerte, la muchacha no la podía ver.

—Señora —el servidor interrumpió la escena—, ¿de qué os sirve torturaros así?

La imagen de la joven se volvió borrosa y la dama no trató de disimular la ira que el anciano conocía y había aprendido a aceptar.

—Sería tan fácil acabar con todo… —dijo ella con amargura.

El anciano quería hacerla entrar en razón, como tantas otras veces, demasiadas veces… y respondió:

—¿Para qué? La única forma que nos queda ya de vencer es resistir.

El viento, movido por la desesperación de la dama, se levantó y la envolvió. Sus cabellos volaron a su alrededor, salvajes como su mirada, dándole el aspecto de la bruja que todos creían que era.

—¡Soy la persona más poderosa de este reino y de todos los demás! —gritó—. Todos me temen y me darían todo lo que yo les pidiese con tal de no volver a verme. ¿Pero qué he conseguido con eso? Nada. Estoy aquí atrapada, condenada a proteger el árbol que me otorgó un poder que jamás he pedido. Todo porque ella… ella —recordó a la joven que había visto antes junto al manzano—. Porque ella quiso desafiarlos a todos, a mí misma y al árbol también. No quiso ver cómo el poder la atrapaba…

De nuevo, fijó su mirada en el manzano y la joven que tanto dolor le causaba apareció. Esta vez, no estaba sola; un niño de unos ocho años le rogaba que no cogiese ninguna de las manzanas. La dama de rojo sabía que el niño no era familia de la joven, sabía que era huérfano y que se habían hecho amigos meses antes de aquel momento, antes de que ella le confesase a dónde iba en secreto.

Para la dama habían pasado unos instantes desde que la había visto, pero para la joven habían sido semanas. Y en ese tiempo se había decidido a demostrar que ninguna bruja le impediría comer aquellas deliciosas manzanas. Sujetaba una en la mano y el niño le rogaba que no hiciese locuras.

Justo antes de que ella llevase la manzana a la boca, la dama se decidió a aparecer.

—¡Detente!

La joven se asustó ante la bruja de la que todos la habían advertido.

—Aunque te prohíba comerla —dijo la dama—, lo harás. Aunque te lo ruegue, también caerás en la tentación. Para ti es la primera vez que nos vemos, para mí será la última. Tienes ante ti una elección muy simple: hacer lo que todos te piden o sucumbir a los encantos de un árbol cuyo poder desconoces.

La dama tenía el rostro cubierto, pero con la certeza de que el destino de la joven era inevitable, dejó que la prenda cayese al suelo. Por su cara corrían dos lágrimas que podrían haber sido rojas como la sangre, rojas como todo lo que vestía.

La joven ya saboreaba la manzana cuando fue consciente de lo que había hecho; el niño junto a ella también lo comprendió entonces. La dama que habían creído bruja era idéntica a la joven que aún tenía la manzana en la mano, tal vez un poco mayor, pero idéntica.

La imagen de ambos se desvaneció. La única prueba de que el tiempo había pasado desde entonces era el anciano que una vez, de niño, había presenciado la maldición que había caído sobre una preciada amiga. La dama había crecido un poco, pero no había envejecido y el árbol seguía igual, recordándole todo lo que había perdido.

Su familia.

Su futuro.

Su lugar en el mundo.

—¿Y ahora qué? —preguntó el anciano, que no se había apartado de su lado.

—Ya hemos resistido bastante —contestó ella—, no permitiré que el árbol haga daño a nadie más.

El anciano quería insistir, pero por primera vez en todos esos años, sintió que la dama quería estar consigo misma. Después de toda una vida acumulando poder, por fin estaba preparada para acabar con la eternidad. Se acercó al manzano, traspasó el tronco con su mano y sonrió al sentir la fuente de aquel poder que no solo la había condenado a ella, sino que también había causado desgracias a su reino. Cuando sacase la mano, el árbol moriría… y su propia vida también se iría. Pero saber que la persona que siempre la había apoyado estaría con ella hasta el final, le dio el valor para acabar aquello que desde el principio había sido inevitable.

Retiró la mano con suavidad y la tierra tembló. El árbol retorció sus ramas y sus raíces en lo que parecía un grito de agonía. El cuerpo de la dama, más frágil que nunca, cayó hacia atrás. Y allí estaba el anciano, que sujetó a su amiga entre sus brazos. La abrazó con cuidado mientras el árbol se ennegrecía y se volvía más pequeño. La dama, ya sin vida, sonreía en paz.

El anciano se sentó junto al agonizante árbol, el mismo que había resistido siglos sin que nadie pudiese dañarlo. De algún modo, tratando de protegerse por medio de una joven inocente, había acabado provocando su propio fin. El hombre colocó sobre sus piernas la cabeza de su amiga; casi parecía dormida. Posó un suave beso en su pálida frente y miró hacia el horizonte.


La eternidad llegaba a su fin.

(Ambas imágenes son de Pixabay editadas por mí para que se vean más bonitas ❤).

♣ Otras entradas interesantes por si queréis echarles un ojo ^^:
❧ El fin de los tiempos
❧ Nacido de la oscuridad
❧ El zorro de nueve colas

Gracias por leer y déjate llevar por la fantasía...

Comentarios

  1. Ola!!
    Supoño que despois de tantos anos o primeiro que debería dicir é que estou encantada de poder ler este relato ao completo, e que lle fai moitisísima xustiza a esa primeira versión que escribiches no ximnasio :D. Encántame a forma na que xuntaches a historia da nena, de como caera na tentación, coa historia da dama e, en xeral, esa forma tan especial de tratar o tempo.
    De verdade, non cambies nunca <3

    Biquiños!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola!! Moitas grazas polas túas fermosas palabras 💕. Non sei por que, téñolle especial cariño a esta historia e poder publicala por fin no blog alégrame moito.

      Biquiños de maxia!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Tus comentarios nos dan alas y las alas nos hacen volar. Y allí, volando, escribimos para que tú también puedas desplegar tus alas 🌌

Entradas populares de este blog

Jak and Daxter

La Serpiente Emplumada: el Dios traidor

Novoland - The castle in the sky (Reseña)