A mi querido Sol...

¡Hola! La entrada de hoy va dedicada a Alba, siento mucho que sea tan breve, pero entre exámenes, trabajos, deberes, escribir y el viaje para el que ya tengo que salir absorben todo mi tiempo.

Aurora, Silvia, Dani, o 5º irmán ❤, Okami, Rásel, Paula, Cleo, Tania, Nataly… E ata a eternidade podería seguir nomeando a todas aquelas persoas ás que xuntas demos vida. Porque son persoas, son parte de nós, somos nós mesmas. E é que xuntas, como xa che teño dito, coloreamos o mundo, iluminámolo coa fantasía e as palabras que precisa. Sígome preguntando aínda hoxe que clase de sorte ou destino nos uniu nesta vida, que pasaría se non chegásemos a cruzarnos. Pero sabes? Dáme igual, porque aquí estamos, a punto de emprender unha viaxe marabillosa, ti xa emprendendo esta nova etapa da túa vida. Aquí estamos, escribindo, soñando, sendo nós mesmas como non poderiamos ser de ningunha outra forma.

Así que aquí van estas palabras para ti:

Onde as nubes cobren terras de esmeralda e soños, onde os ríos de ledicia se conxelan coa soidade, onde as ninfas esqueceron como cantar… Onde a esperanza ás veces parece desaparecer, aí chega o Sol para facer resplandecer eses campos de pedras preciosas e brillantes. Ese Sol capaz de crear mares de alegría e aventuras e devolver a esperanza ao máis escéptico.

Ese Sol que me guía día a día para non perderme nos perigosos sendeiros da vida. As Estrelas non serían nada sen ese Sol.

Ese Sol que me fai adentrarme en tribos volcánicas en busca da emperatriz máis valente do lume. Ese Sol que me fai soñar coas fadas, cantar coa lúa, vivir con ganas.


Escribiría algo máis longo e complexo para este día tan especial, pero sabes como son de deixar as cousas para o último momento e xa estou literalmente marchando a esa viaxe incrible que nos espera!



Gracias por leer y déjate llevar por la fantasía...

Comentarios

  1. Sandra, non preciso nada máis longo porque xa teño todo o que preciso nesta vida. O que escribiches é absolutamente perfecto (só ti es capaz de emocionarme tanto). Nun día así, non hai nada como ter amigas coma ti acompañándote no inicio dunha nova vida, que sei que será tan boa ou mellor incluso que a antiga. Seguiremos escribindo, quedando, rindo e pasándoo tan ben coma sempre.

    Unha aperta máis grande que o Sol e as Estrelas!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

¿Te ha gustado? ¡Pues esperamos tus comentarios!

Entradas populares de este blog

La Serpiente Emplumada: el Dios traidor

XIII Premio Jordi Sierra i Fabra

Jak and Daxter