Ruinas | 1 | La princesa que miraba las estrellas fugaces

| Traducción en castellano debajo ^^ | ❧ Ruinas, parte 0 ★★★ O ceo encheuse de estrelas fugaces. A princesa Xania contemplounas en silencio desde o seu cuarto, cun doce sorriso, apenas asomada á ventá para non romper o feitizo da noite. Cando a maior parte do mundo durmía, o ceo espertaba e a princesa, que coñecía aquel segredo, trataba de agardar esperta para non perder aquel máxico momento. Moitas só eran pequenos puntos de luz que nun suspiro cruzaban o firmamento, pero tamén había estrelas que deixaban halos espectaculares xusto antes de esvaecerse. Tiña que ser triste a vida dunha estrela fugaz: existir tan só un efémero momento, brillar con todo ese esplendor para desaparecer un segundo despois. Para sempre. Converterse en po esparexido polo vento. A princesa cría que todas as persoas estaban unidas polo po das estrelas fugaces e que algunhas persoas incluso podían facelo brillar de novo. Deixou as cortinas abertas por se a brisa lle levaba un pouco do po das estrelas e sen...