Estudar Lingua e Literatura Galegas. 1º ano

Ola!! Había tempo que quería escribir esta entrada contando a miña experiencia en filoloxía galega. Veredes, cando aínda ía en bacharelato e estaba decidindo que quería estudar, non atopei nin unha soa páxina ou vídeo de ninguén que contase a súa experiencia. Tiven que guiarme polo que contaban estudantes doutras filoloxías (que me serviron porque as filoloxías dos diferentes idiomas seguen todas máis ou menos a mesma metodoloxía), aínda que a min o que me interesaba era coñecer concretamente o que outras persoas opinaban sobre o grao de Lingua e Literatura Galegas , porque eu estaba entre filoloxía galega ou española. Foto de Lisa Fotios en Pexels Feita esta introdución, creo oportuno comentar que eu estou estudando Lingua e Literatura Galegas na USC , que aínda que é a única universidade que oferta o grao de galego, hai outros graos como o de galego-portugués no que tamén se estuda o galego. Agora mesmo estou comezando o meu segundo ano na carreira, así que a expe...